Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 6

Fábulas contadas

Gonzalo Navaza

As fábulas son pequenos relatos de intención moralizante onde personaxes animais encarnan condutas e caracteres humanos e que foron incorporadas á tradición popular desde hai milenios...

Pequeno Dicionario Xerais da Lingua

Gonzalo Navaza

O máis exitoso dicionario de lingua galega, agora ampliado e actualizado. Unha obra ideada para a consulta básica de termos do noso idioma e óptima para o seu manexo no ámbito escolar...

Sherlock Holmes, detective

Arthur Conan Doyle

Sherlock Holmes, detective reúne cinco relatos protagonizados polo agudo detective de Baker Street e o seu amigo, o doutor Watson. Neles, Conan Doyle condensa o xénero detectivesco en estado puro, presentando unha incógnita en termos sempre interesantes e mantendo a tensión narrativa mediante unha atinada dose de acción e sorpresa, salferida arreo dun irónico e requintado humor británico...

A chamada da selva

Jack London

No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A chamada da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no espello da aventura dun can, Buck, que tras catro anos de cómodo vagar na granxa do xuíz Miller, preto de San Francisco, ten que comezar unha vida rexida pola lei do vergallo e da loita pola existencia para, ao cabo, sentir a chamada do atávico, o achegamento ao lobo, o seu irmán salvaxe, que ha cantar co seu ouveo a canción do mundo primitivo...

O can dos Baskerville

Arthur Conan Doyle

O can dos Baskerville é unha nova aventura de Sherlock Holmes na que o enigma, o elemento central da historia, presenta características realmente interesantes, porque ao feito criminal vén sumárselle unha maldición, unha lenda familiar, que envolve todo nun ambiente misterioso e fantástico...

Erros e Tánatos

Gonzalo Navaza

"Erros e Tánatos" componse dun conxunto de dez relatos nos que Gonzalo Navaza demostra unha gran soltura no manexo das técnicas narrativas a partir dunha prosa breve, limpa, directa, chea de sentido do humor, que sorprende ao lector coa súa capacidade para ironizar, para crear intriga e para sorprender...