Número de libros encontrados: 105
O raposo e a mestra
O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna...
Os Megatoxos e os Templarios da Luz
A vida de Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca mudou por completo desde o accidente que os converteu en mutantes. O que prometera ser unha divertida viaxe de estudos a esquiar, vaise converter nun pesadelo xeado no corazón dos Pireneos...
Desde unha estrela distante
Daniela está pasando uns días na casa da súa avoa antes de mudarse coa súa familia a unha nova cidade. Unha tarde sobe ao faiado a explorar e alí leva o susto da súa vida...
Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo
Unha noite desapareceron todos os zapatos do pé esquerdo; no barrio todo o mundo sospeita do Mangallón, un vello rabudo que vende calzado. Tan só un grupo de rapaces que lidera Nica cre na súa inocencia...
Amor de Serea
Os galeóns de Rande desapareceron. Non hai rastro deles en toda a ría de Vigo. O Amor de Serea toleou os malvados, que están dispostos a calquera ruindade para facerse con el...
Cidades
Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas...
Os Megatoxos e a espada esmeralda
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo...
Un niño no xardín
Un niño no xardín dirixe unha ollada pausada e contemplativa a un xardín de versos que muda co paso das estacións, onde as flores cantan e falan as fontes; os paxaros sorrín e o xardineiro sementa palabras para recoller poemas...
Os Megatoxos e o aprendiz de druída
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo...
Catro amigos pillabáns
A Manporquiño, Murrigato, Caracol Col e Murrato gustaríalles vivir aventuras como as dos personaxes das películas que ven no cine. E un día o seu desexo faise realidade...
Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo...
O meu gato é un poeta
O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras...
A coroa de Napoleón
Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista...
Corazón de chocolate
Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista...