Número de libros encontrados: 149
A tribo do mar
Alexandra mira o mar de Burela e soña con goles imposíbeis; cando virá súa nai de Cabo Verde? Namentres, a miles de quilómetros ao outro lado do océano, o señor Abdallahi non sabe de Tihani; onde se metería o rapaz? Terá problemas co vello Mahmoud? Samba estraña moito o seu pai, pois Souleymane marchou hai xa un mes...
Furia
Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea...
A pioneira
De Ester din que é unha "marimacho". Tamén lle chaman "muller hombruna". E só porque lle gusta xogar ao fútbol. Ou, quizais, porque o seu corazón non latexa ao ritmo que dita a sociedade...
A curva da pantasma
As lendas urbanas tamén forman parte da rica tradición oral que deu lugar á literatura. Hoxe desenvólvense nun contexto moderno e transmítense por medio das novas tecnoloxías, pero ao mesmo tempo teñen moita historia...
Bullying
Mergullándose en temas que centran o universo adolescente, como as redes sociais, a homosexualidade e, sobre todo, o acoso escolar, "Bullying", de Álex Alonso, foi galardoada co Premio de Narración Curta Ánxel Fole...
Setestrelo
Xano está a piques de facer doce anos e sente que non encaixa en ningures. Que o seu reloxo interior xira en sentido oposto ao do resto da xente. Que non sabe como abrir a porta que conduce ao mundo dos adultos...
Cicuta para dous
«Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu.» A aparición desta mensaxe na sección de anuncios por palabras dun xornal esperta a atención de Erundino Terrón, un filósofo solitario e rosmón...
Que me pare o corazón se te esquezo
Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa ousadía...
A ladroa da biblioteca de Meirás
O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida...
Un elefante na sala de estar
A morte por suicidio de Rosa acontece unha mañá de outono, mentres o seu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden ao instituto como un día calquera...
Sangue no dron
Na Cidade das Campás, nun mundo distópico, Lan é un mozo orfo que deseña e manexa os seus drons CL4. Malvive no Subterráneo grazas á venda de datos informáticos, que consegue conectándose ás redes da Ditadura Privilexia Bélica...
Todos fomos
Seis anos despois da desaparición de Natalia, unha chamada do pasado esperta unha mañá á inspectora Lina Souto: a rapaza apareceu espida e viva nunha praia de Teis...
Cando sangren os lobos
Hai un asasino solto polas rúas de Compostela e só dous irmáns distanciados tras a morte dos seus pais coñecen os segredos necesarios para detelo. Fernán e Xandre Malvís terán que superar as barreiras autoimpostas entre eles e aprender a confiar o un no outro mentres se enfrontan a un criminal que supera totalmente o raciocinio...
O conserxe
A vida nun IES de nova creación vese alterada por un acontecemento dramático: aparece o cadáver de Iria García, unha alumna de 1º de Bacharelato, colgado no aro dunha canastra...
In memoriam
A chegada dun grupo de voluntarios da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica para escavar o antigo Parque da cidade, onde se cre que están os restos dun fusilado pouco despois da Guerra Civil, desencadeará un lote de sorpresas, que saldarán débedas pasadas e avivecerán vellas historias adormecidas...