Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 22

Anti natura

María Xosé Queizán

Anti natura é unha viaxe polo saber. María Xosé Queizán descobre as trampas e simplifica as teorías que, desde Aristóteles ata Freud, lexitimaron o patriarcado, deténdose nas distintas concepcións do feminismo e apoiándose nos valores racionais de igualdade e xustiza...

Fendas abertas

Carlos Taibo

Fendas abertas céntrase na idea da cuestión nacional, abordando a súa relación coa globalización, coa esquerda e o Estado; co papel asignado a Galiza no magma xeral da globalización capitalista; coa singularísima condición dun nacionalismo, o español, de sempre esquecido; e, en suma, a natureza da cuestión nacional na Unión Soviética e o acontecido na Europa central e oriental contemporánea, no que a aquela atinxe, nos dous últimos decenios...

Saudar a vida

Xavier Seoane

Este ensaio propón unha defensa da cultura humanística nun mundo de gran desenvolvemento científico, tecnolóxico e produtivo, mais no que a persoa carece moitas veces dunha verdadeira soberanía e dunha plenitude de horizontes e expectativas culturais e vitais...

Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista

Carlos Taibo

A aparición dos movementos antiglobalización, tanto no Sur como no Norte do planeta, fixo que renacesen moitos impulsos de contestación e unha firme esperanza na construción dun mundo máis xusto...

Ten que doer

Suso De Toro

Este volume recolle unha ampla escolma de textos ensaísticos de Suso de Toro nos que alenta unha voz coherente e poderosa que, como nun xogo de espellos, vai retomando fíos e tecendo un discurso propio que enfronta aos lectores cos grandes interrogantes sobre a función da literatura e do escritor nun mundo sumido nunha forte crise de valores...

Racionalismo político e literario

María Xosé Queizán

Neste volume ensaístico María Xosé Queizán pretende concertar as ciencias coas humanidades baseándose na convicción de que a literatura, como a ciencia, empeza no mundo real e ambas as dúas proxectan a presenza humana a todo o universo...