Número de libros encontrados: 27
Unha casiña branca
Un forte alcatreo converte o aire nunha substancia mesta, case irrespirable. Un vertedoiro infindo. Un futuro incerto. Mírese por onde se mire hai trebellos de todo tipo...
O trompetista e a Lúa
A cidade enteira estaba patas arriba. Todos os músicos e aspirantes a músicos andaban atarefados. Axiña se ía formar a nova banda de música. Os aspirantes practicaban sen parar cos seus instrumentos...
O segredo da Illa Negra
Sara vive nunha aldea da beiramar, onde a pesca é o único medio de vida. Un día os barcos comezan a vir baleiros, só hai peixes nas proximidades da Illa Negra, onde habita unha cruel Serea...
As viaxes de Ruki
Tan pronto como chegaban do colexio Pedro e Petra fechábanse no cuarto da rapaza e púñanse a fedellar co seu equipo de electrónica. Así foi como naceu Ruki, un rato-robot que, grazas a unha teteira, un ordenador e unha tormenta, rematou viaxando polo universo, visitando estrañísimas galaxias e seres como os guquipuquis, os ratos cempés ou a Comellona do planeta Toupamil...
O raposo e a mestra
O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna...
Desde unha estrela distante
Daniela está pasando uns días na casa da súa avoa antes de mudarse coa súa familia a unha nova cidade. Unha tarde sobe ao faiado a explorar e alí leva o susto da súa vida...
Un niño no xardín
Un niño no xardín dirixe unha ollada pausada e contemplativa a un xardín de versos que muda co paso das estacións, onde as flores cantan e falan as fontes; os paxaros sorrín e o xardineiro sementa palabras para recoller poemas...
O meu gato é un poeta
O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras...
Andanzas de Xan Farrapeiro
Hai moitos, moitos anos, vivía nunha aldea da montaña un home moi pobre, moi pobre, tan pobre que non tiña nada, nin eidos, nin casa, nin sequera roupa, vestíase con farrapos, por iso lle chamaban Xan Farrapeiro...