Recén chegados

Alicia e a mestra de Oza

Alicia e a mestra de Oza

Alicia e a mestra de Oza

Paula Carballeira

Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas

Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas

Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas

Anaír Rodríguez Rodríguez

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 69

O lobo con botas

O Hematocrítico

Lobiño Feroz é o maior admirador do Gato con Botas, a estrela infantil de moda entre os animais do bosque. Todos queren vestir o seu sombreiro, empuñar a súa espada e calzar as súas botas, algo que o tío do Lobiño aproveita para facer negocio...

Pioneiras

Anaír Rodríguez Rodríguez

Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes...

O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas

Iago López

Hoxe celébrase a festa de aniversario do rei e o cociñeiro Martiño quere preparar a súa mellor torta de cenoria. Mais cando chega á horta... as cenorias desapareceron! Martiño vai necesitar moita axuda para que a torta chegue a tempo ao festexo...

Os arquivos secretos de Escarlatina

Ledicia Costas

A que xogan os defuntos os xoves pola noite no mausoleo de Escarlatina? Lograría a cociñeira montar o seu propio restaurante? Quen goberna no Alén na actualidade? Quen foi o verdadeiro asasino de Amanito? Son moitas as preguntas que flotan no ar, entre as tumbas dos defuntos...

O pintor de flores

Anxo Fariña

Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama...

Onde está Nubebebé?

Anxo Fariña

Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama...

Brancaneves e os 77 ananiños

Davide Cali

Había unha vez, no medio e medio do bosque, unha rapaza chamada Brancaneves que fuxía dunha bruxa malvada. Nunha casiña, habitada por 77 ananos, atopou acubillo...

Violeta quere ser vampiro

Ramón D. Veiga

Coma todos os anos, a noite do 31 de outubro celébrase na casa de Violeta a festa do Samaín. Pequenos e grandes disfrázanse, xogan, bailan e contan contos ata ben entrada a noite, e malia os fantasmas, as bruxas e a Santa Compaña, ninguén se asusta porque, como di a avoa Pilar, «aos mortos non hai que terlles medo; cos vivos xa é outro cantar»...

Autor/a da semana

Sementes

Sonia García

No Reino das Pílulas ninguén lembra como se sementa a terra. Está prohibido. Coa chegada da lúa crecente de febreiro, unha moza vai tentar que o campo volva dar os seus froitos, malia ter que infrinxir as leis para acadalo...

Cousas de papá

Raúl Gómez Pato

Esta é a historia dun pai e dunha nena... Non, mellor non... Esta é a historia dun pai e dun neno... Tampouco... Esta non é ningunha historia. "Cousas de papá" é un libro de poemas escritos por un pai algo tolo e moi divertido, que viaxa en vasoira, constrúe hidroavións de papel, escorrenta os pesadelos e domina á perfección a linguaxe da fantasía...

O cociñeiro Martiño

Iago López

No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións...

Cámbiache o conto!

Chinto

Pinto & Chinto ofrécennos a súa peculiar versión dos contos clásicos de autores como Andersen, Perrault ou os irmáns Grimm e danlle unha reviravolta á súa maneira a O frautista de Hamelín, a Carrapuchiña Vermella, a Cincenta e moitos outros, poñéndonos un sorriso nos beizos...

Axente Riciños

O Hematocrítico

Non hai detalle que escape á lupa de Riciños de Ouro, a nena máis curiosa do bosque. Sopas a temperatura volcánica? Colchóns de cama que eslombarían ata unha estatua? A axente Riciños resolve o crime antes de que se cometa...

A música das árbores

Anxo Moure

«Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía, unha orquestración...

Augusta e os seus medos

Sabela Fernández Trelles

Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas...

A terra queima

Lalo Carnota

Chíos de paxaros, vento entre as árbores, murmurios nas fontes, nos montes... Cantiga marabillosa! Só cómpre, como fixo Antón, o protagonista deste conto, deterse un chisco e escoitar a música da natureza...