Número de libros encontrados: 1352
Compostela
«A arte de escribir consiste en dicir moito con poucas palabras», afirmaba Chéjov, o pai do conto moderno. Un reto para quen crea e unha aventura para quen le...
66
Xavier Queipo, un dos narradores galegos que máis se ten prodigado na narrativa breve, celebra o seu 66 aniversario con esta colección de sesenta e seis relatos breves, aos que engade un limiar esclarecedor...
Seis leiras e un piano
Os poemas deste libro están ateigados de ritmo e de luz. De xogo, de música, de natureza e de aldea. De sentimento e reivindicación do noso. Como apunta o poeta Antonio García Teijeiro no epílogo do libro, «Son poemas para seren lidos en voz alta...
Formigas. Misión Samaín
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados...
Manual de camuflaxe
«Manual de camuflaxe» é unha expedición creativa que nos envolve e nos interroga, coma unha fenda luminosa. Máis aló da adaptación á contorna, a camuflaxe sinala o paradoxal desexo de ser visto, de ser recoñecido no mesmo medio da disolución...
As obras póstumas
Logo de saber que padece unha demencia agresiva, a escritora Pilar Fonte recibe a encarga de escribir unha obra póstuma. Pilar, xa con moitas dificultades, vaille ditando a unha amiga que a acompaña algunhas pasaxes da súa vida e, sobre todo, a súa particular relación co centro psiquiátrico San Simeón, que contemplou dende pequena asomada á venta do seu cuarto...
Heartstopper 4
O Charlie nunca pensou que el tamén lle puidese gustar ao Nick, mais agora son mozos oficialmente. O Charlie comeza a sentirse preparado para dicirlle esa palabra: quérote...
Queridas pantasmas
Amelia múdase a unha nova vila fuxindo do seu pasado, mais... podemos escapar do que axexa no noso maxín? Entre as paredes do seu novo fogar descobre que a amizade pode transcender a morte, e que, como pasa con todo o importante, as rosas non son tan doadas de coidar como parece...
Askja
Ana viaxa polo leste de Islandia con Xurxo, a súa parella, cando a erupción do volcán Askja pon en pausa a súa vida. Confinada nunha casa de hóspedes mentres agarda a evacuación, o tempo parece dilatarse e a atmosfera faise cada vez máis irreal...
Onde nacen as bestas
Entre o lume do val e as néboas da serra, algo se revolve nas entrañas da Galicia máis feroz e descarnada. Unha serie atroz de asasinatos espertará a memoria dun nome perdido no tempo e, como nun segredo que se comparte en voz baixa, un temor comezará a repetirse nos rumores: «Volveu o Sacaúntos...
Véndoche un poema
Teñen algo que ver a poesía e a publicidade? A publicidade invade as nosas vidas, omnipresente. O que pode sorprender é que a publicidade bota man constantemente de moitos recursos propios da poesía...
Noa e a cidade sen maxia
Noa é unha nena que medra escoitando relatos sobre unha cruel batalla librada por culpa da maxia, da que todo o mundo renega. A rapaza non imaxina, ata que lle é desvelado, que ela provén dunha liñaxe de grandes magos e que chegou o momento de que coñeza os seus poderes e a verdadeira orixe do que semellaban ser só lendas...
Pifostio
O fráxil, o indómito, a violencia, a poesía, o delirio, a forma, o entusiasmo, a agonía, o futuro, a decepción, o inesperado e o cotián. Sesenta e un artefactos con xente atrapada, fantasía de andar pola casa, profesionais que fan o que poden, crueldade, ciencia ficción doméstica, mordacidade, dor e humor...
A pequena osa quere xogar
A pequena osa quere xogar ao balón, igual ca os xabarís, pero na fraga non paran de dicirlle que iso non é para ela.
Curriño. Fama ou fuga
Socorro! Secuestraron a Curriño! Non imaxines uns tipos fortes e con cara de malos, non. A secuestradora é Anxélica, unha nena moi fan de Curriño, que o recoñece na rúa e o leva á súa casa para coidalo e volver facelo famoso...