Ilustrador/a
Susana Suniaga
Susana Suniaga (1981) é unha artista venezonala afincada en Pontevedra. É licenciada en Artes Visuais pola Universidad de los Andes de Mérida, Venezuela, e Máster en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual.
Participou en exposicións colectivas e individuais por diversos países. Publicou o seu primeiro libro ilustrado como parte do URB-Topias de Pontevedra (2019) e dende entón traballou en diversos proxectos editoriais. No ano 2020 obtivo o premio de Ilustración da XXI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e foi finalista do VI Valladolid Ilustrado e do Concurs Raima D'il·lustració i disseny de Barcelona.
En Xerais, é autora das ilustracións do álbum «A nena lectora», escrito por Manuel Rivas (2021), e da novela «O día que choveron gatos» (2023), de Eva Mejuto.