Logo Xerais

Info ilustrador/a

Sanjuan, Irene

(enviar correo)

Irene Sanjuán. Estudou Produción Audiovisual na Escola de Imaxe e Son da Coruña; Ilustración, na Escola Pablo Picasso; Estilismo e Deseño de Moda, na Escola Goymar da Coruña; Serigrafía Téxtil, na Saint Martin's School de Londres, e Deseño Gráfico en IFES da Coruña. Traballou como deseñadora en importantes firmas de roupa e fixo ilustracións para diversas webs. Leva feito ilustración para libros e ilustración aplicada. En Xerais, é autora das ilustracións do conto infantil «As cicatrices do caranguexo» (2021).

As súas obras como ilustrador/a