R., Iván
(enviar correo)Logo de traballar como ilustrador para editoriais, cine, prensa, televisión e publicidade durante quince anos, descubriu no soporte téxtil unha nova linguaxe que o levou a dar clases de ilustración e deseño nunha escola de moda, tarefa que compaxina co traballo no seu estudio. Entre os seus tÃtulos publicados están Etiqueta para todos (Xerais, 2009), Estamos no verán (2014), Teatro de guiñol (2016), Cociñando con Bolboretas no bandullo (Xerais, 2018), A araña que lles tiña medo ás arañas (Xerais, 2019), Meigas fóra! (Xerais, 2020), Soños de Cajamarca (2021) DarÃo a diario (Xerais, 2021), Miñoca e coello (Xerais, 2021), Miñoca e Pega (Xerais, 2022), e o conto en liña #EuQuedoNaCasa, que resume a situación que se viviu nos fogares onde hai nen@s durante os dÃas de confinamento provocados pola COVID-19.