Logo Xerais

Info ilustrador/a

Rivas, Víctor

(enviar correo)

Víctor Rivas (Pontevedra, 1965) dedícase profesionalmente á ilustración, debuxo de cómic e comunicación visual dende 1989. Dende hai uns anos debuxa tamén para todo o mundo a través dunha axencia en Nova York. Atópase cómodo traballando en contornos dixitais e en calquera estilo de debuxo, aínda que os mundos fantásticos e as estéticas vitorianas son as súas preferidas. Para Xerais ilustrou o proxecto literario de Ledicia Costas «Escarlatina», que consta de tres títulos: «Escarlatina, a cociñeira defunta» (2014), «Esmeraldina, a pequena defunta» (2016) e «Os arquivos secretos de Escarlatina» (2017), así como «Vampira de biblioteca» (Xerais 2020), da mesma autora. Tamén ilustrou as novelas «Volverás, golfiño», de Andrea Maceiras (Xerais 2014), e «Quokka Moka», de María Solar (Xerais 2019). Xunto con Eva Mejuto, publicou o álbum ilustrado «Dez gatiñas viaxeiras» (Xerais 2019).

As súas obras como ilustrador/a