Logo Xerais

Info autor/a

Veiga, Ramón D.

(enviar correo)

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, traballa no eido da edición.Ten publicados os seguintes títulos para o público infantil: "Violeta quere ser vampiro. Un conto do Samaín" (Xerais, 2017), "É tempo de Entroido!" (Xerais, 2018), "A araña que lles tiña medo ás arañas" (Xerais, 2019), "Meigas fóra!" (Xerais, 2020), "Non pare a festa" (Xerais, 2021) e "De festa en festa" (2022). Tamén é autor da serie de banda deseñada "Miñoca" (Xerais 2021, 2022) e colaborou no libro colectivo "Era unha vez" (2022) coa adaptación do conto de Oscar Wilde "O xigante egoísta".En 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia con "Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente" (2022), e en 2022 o XV Premio de Poesía para niños El Príncipe Preguntón con "O delirante restaurante de Héitor Mórtimer e a súa clientela aberrante". Publicou os contos en liña "#EuQuedoNaCasa" (2020), sobre o confinamento provocado pola covid-19, e "Bombas de chocolate" (2022), sobre a guerra de Ucraína.Para o público adulto publicou "Zoom" (Xerais, 2022).Na actualidade coordina a conta de Instagram @podiachovermerda, onde todos os textos son da súa autoría.

As súas obras como autor/a