Logo Xerais

Info autor/a

Alonso, Álex

(enviar correo)

Álex Alonso (Vigo, 1968) é licenciado en Filoloxía Galega e Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade traballa como tradutor intérprete da Administración de Xustiza na Audiencia Provincial de Pontevedra. En 2003 recibiu a mención especial do xurado do XII Certame Manuel Murguía de narracións breves pola obra "Estremonías"; en 2010 gañou o VI Certame de relatos de muller Matilde Bares por "Xénero imperfecto" e en 2016 resultou gañador do Premio de narrativa curta Ánxel Fole con "Tempos de bebidas isotónicas e fast-food" (Xerais). A novela "Granito" (Xerais 2020) logrou ex aequo o Premio Torrente Ballester.

As súas obras como autor/a