Logo Xerais

Info autor/a

Santiago, Eduardo

(enviar correo)

Eduardo Santiago (Pontevedra, 1964) debutou como escritor no ano 2012 coa publicación da novela xuvenil de ficción científica "2044" (Galaxia), xénero que continuou coa novela "A teoría do tempo imaxinario" (Urco Editora, 2013), escrita en feminino xenérico e na que salienta o papel fundamental da muller como motor do cambio político e social. Con "O Gran Reino" (Xerais, 2014), obra na que aborda a problemática da anorexia adolescente mesturando fantasía e realidade, gañou o premio Jules Verne de literatura xuvenil no ano 2014. "O mundo máxico de Lía" (Xerais, 2020) é o seu primeiro libro dirixido ao lectorado infantil.

As súas obras como autor/a