Logo Xerais

Info autor/a

Cordal, Xabier

(enviar correo)

Xabier Cordal Fustes naceu na Coruña en 1965. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola universidade compostelá, comeza a exercer como ensinante en 1989. Integra os colectivos Ronseltz (Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, 1994) e Redes Escarlata (Xuro que nunca volverei pasar fame, 2003). Publicou os poemarios Arianrod (1993), Fruto do teixo (1994), Afásia (1997), A vella peneira a noite (2001) e transmuta (Xerais 2012). O resto da súa obra espállase en xornais (O Correo Galego, Galicia Hoxe, Vieiros), revistas (A Trabe de Ouro) e medios políticos e sindicais. Compón letras para o grupo Luar na Lubre e participou como guionista no telefilme de Antón Dobao A mariñeira. Actualmente vive no Corgo (Lugo) e traballa no IES da Terra Chá. (Fotografía: Sabela Cordal)

As súas obras como autor/a