Autor/a
Carmen P.G. Granxeiro
Carmen P.G. Granxeiro (Lugo, 1985) formouse no audiovisual e móvese no mundo da creación, onde experimenta coa ilustración, a fotografía e o deseño gráfico. No ámbito do documental, con «Benvidas ao club» (2019) conseguiu no Festival de Málaga a Biznaga de prata, premio especial «Afirmando los derechos de las mujeres». Tamén participou na sección oficial do Festival Alcances de Cádiz con «Un día normal» (2020), e na sección Panorama Galego do Ourense Film Festival con «Persoas S.A.» (2021). Ademais de formar parte de exposicións e experiencias artísticas e sociais colectivas, recibiu premios polas súas creacións de videoarte e foille concedido o II Premio Literario Pinto e Maragota pola novela «Estranxeiras» (Xerais, 2022).