Autor/a
Fon
Alfonso Barreiro (Fon), naceu en 1980 na fermosa vila de Noia. No ano 2012 matricúlase na escola O Garaxe Hermético, onde consegue o premio de fin de curso pola obra «Curuxa, a voz de Azazel», que se pulibou no ano 2016. Outros títulos publicados polo autor son «Troglo e Dita» (2019) e «Gazafellos» ( 2021). Ademais, fixo varios traballos de ilustración como «Contra o reloxo»; publica na revista «A viñeta de Schrödinger», dá clases de banda deseñada e é director e coordinador de V de Viñetas, xornadas de cómic do liceo de Noia. Con «Cósmico, o bombeiro galáctico» (Xerais, 2022) gañou o III Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético.