Autor/a
Miguel Sande
Miguel Sande (Pastoriza, Arteixo, 1961). Escritor e xornalista. Como narrador publicou «Se algún día esta muller morta» (2006), Premio Repsol; «A vida fóra» (2011), e «A candidata» (2016), Premio García Barros. Na poesía destaca o libro «Os filósofos xa non brindan con cicuta» (2019), Premio Afundación e «Brinde e desespero» (Xerais, 2023), Premio de Poesía Johán Carballeira. Como dramaturgo é autor de «Á alba pide comigo vivir» (1986), finalista do Premio Calderón; «Ninguén chorou por nós» (1999), Premio Rafael Dieste; «39 veces chao» (2002); «Elas, que din» (2005), finalista do Premio Nacional de Teatro, e «A enterradora» (2018), Premio Nova Dramaturxia Galega. Con «O negociador» (Xerais, 2022) foi finalista do Premio Xerais de Novela 2021.