Autor/a
Luís Soto
É o coordinador do CD «Mozart á Galega» que acompaña o libro de Fina Casalderrey «O xenio da Cidade do Sal» (Xerais 2021). Mozart á Galega e o resultado dunha frauta de finais do século XIX atopada nun anticuario e de un soño: que sucedería se Mozart visitase Galicia nunha das súas múltiples viaxes por Europa? Que pensaría do Alalá das Mariñas?
Luis Soto nace en Guláns (Ponteareas) e comeza a tocar unha frauta feita polo seu pai cun tubo de plástico con tan só 8 anos. Na súa formación interviñeron mestres do talle de Antonio Arias en Madrid, Pierre Dumail e Hubert de Villele en París, e J. C. Gerard e Aurele Nicolet en Alemaña. Gañou o primeiro premio do concurso Pierre Nerini e o segundo premio no Lucien Wumser. Ofreceu centos de concertos en todo o mundo, así como gravacións para radio, televisión e discos. Impartiu cursos de formación e perfeccionamento a mozos de todas as idades. Xunto co guitarrista Carles Trepat grava a integral de Joaquín Rodrigo para o selo EMI Clasic e, xunto a Diego García (piano) impulsa o proxecto Galicia XXI no que interpretan o repertorio galego para ambos instrumentos. Ademais, é membro fundador do TAC: Taller Atlántico Contemporáneo, ensemble de referencia da música contemporánea en Galicia.