Autor/a
Irene Alonso Gasalla
Irene Alonso Gasalla naceu en Pontevedra en 1980 e finalizou os seus estudos de Filoloxía Inglesa en Vigo no ano 2002. Tras desenvolver distintos traballos como docente en Irlanda e Escocia, en 2008 comeza a exercer o seu labor como profesora de inglés en centros públicos de Galicia. Na actualidade traballa no IES de Soutomaior. En Xerais, publicou as obras infantís «As cicatrices do caranguexo» (2021) e «Refugallo o espantallo» (2024).