Autor/a
Carme Varela
Carme Varela (Duomes, A Baña, 1970)
Licenciada en Filoloxía galega, completou a súa formación cun mestrado en xestión cultural na Universidade de Barcelona no ano 2000.
A súa conexión co teatro comezou na época de estudante, no grupo universitario EIS e na compañía Os Quinquilláns.
Rematada a carreira, compaxinou traballos na Fundación Castelao como secretaria técnica con outros no campo da produción e distribución teatral coas compañías Ollomoltranvía e Mofa e Befa. Tamén traballou na empresa de servizos teatrais RTA. Foi directora de produción no Centro Dramático Galego e, dende o ano 2007, a súa vida laboral está ligada á empresa de comunicación Atlantis Multimedia, onde participou en proxectos de publicidade ou na produción de películas documentais como A Palabra Xusta, dirixida por Miguel Piñeiro.
"As desterradas" é o seu primeiro texto teatral e foi creado como unha actividade para desenvolver no seo da asociación de patrimonio medieval O Sorriso de Daniel, da que é secretaria, e que axudou a fundar en 2010.