Ilustrador/a
Xiana Teimoy
Xiana Teymoy (Vigo, 1982). Especializada en ilustración e deseño gráfico pola Universidade Politécnica de Valencia, deseguida dirixe o seu traballo cara ao ámbito da ilustración infantil e xuvenil. Colabora con varias revistas infantís e ilustra para diversas editoriais en proxectos tanto de carácter didáctico como narrativo. Alén das fronteiras, traballa en proxectos para o estranxeiro a través dunha axencia que a representa no Reino Unido e nos Estados Unidos. En Xerais é autora das ilustracións de «Plan de rescate» (2020), «Pan con chocolate. A merenda de Gianni» (2021), «Demetrio Demoscopio perdeu a chispa» (2022) e «A botella de lentellas» (2023).