Autor/a
Cándido Paniagua Pousa
Cándido Paniagua Pousa (1992). Nado en Xinzo de Limia, reside en Vigo dende que se graduou en Estudos de galego e español pola Universidade de Vigo. Na actualidade exerce como profesor de Lingua galega e literatura no ensino secundario obrigatorio, tarefa que compaxina coa elaboración da súa tese, que versa sobre a linguaxe dixital.
Como escritor, comezou na adolescencia a participar en diversos certames. Entre os premios que ten no seu haber destacan o Xuventude Crea (2017 e 2018) e o Biblioteca Rosalía de Castro (2018). A súa opera prima foi a novela negra O caderno de erros (2018).