Autor/a
Rocío Leira
Rocío Leira Castro (Cee, 1979) é licenciada en Matemáticas pola USC e dirixe un centro de formación para universitarios en Compostela.
Recibiu, entre outros, o Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores (2009), o Premio Xosé M. López Ardeiro (2015), o premio Avelina Valladares (2016) e o Premio de Poesía Manuel María (2017). Foi finalista do Premio de Novela Vilar Ponte (2018) e do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil (2019).
Para o público infantil escribiu "Universo Pitágoras" (2013) e "O becho que quería comer á avoa" (2015). No eido da poesía conta cos poemarios "[Obituario]" (2016) e "INEM" (2016). En narrativa ten publicadas as novelas "Veleno en familia" (2019), "Trescatorcedezaseis" (Xerais, 2020) e "A afogada" (Xerais, 2021).
"Cicuta para dous" fíxoa merecedora do Premio XIV Jules Verne de Literatura Xuvenil no ano 2022.