Ilustrador/a
Mar Villar
Mar Villar (Alacant, 1984) é ilustradora infantil. Estudou Belas Artes, primeiro en Altea e despois en Salamanca. Foi entón cando se lle cruzou a ilustración no camiño e viu claro a que quería dedicarse. En 2009 obtivo un accésit nos premios INJUVE, que a animou a preparar un portafolio e mudarse a Madrid coa intención de ensinalo. Cos anos foi abríndose camiño e actualmente traballa principalmente ilustrando libros infantís. En Xerais, ilustrou «Rapunzel con piollos» (2019), «Alcaldesa Vermella» (2020), «Vaia cabuxiño!» (2021) e «Axente Riciños, Misión Princesa» (2022), «Morto de fame» (2023) e a serie Os Minimortos, cos títulos: «Benvidos ao Outro Barrio» (Xerais 2020), «Criando malvas» (Xerais 2021), «Escola de salvaxes» (Xerais 2021), «O Día dos Vivos» (Xerais 2021) e «Ai, que risa!» (2022).