Autor/a
Daniel Landesa
Daniel Landesa (barrio de Coia - 1976). Filólogo de formación, traballa no campo da publicidade e da edición. Leva escribindo e impulsando proxectos literarios desde a súa época universitaria. Coordinador da revista Criaturas, publicación especializada en literatura infantil e xuvenil de Galicia (www.criaturas.gal) tamén é un dos fundadores do colectivo Poetas da Hostia, creadores dos recitais-combate «A hostia en verso», o espectáculo «Poxa de poetas: Vendo a miña alma» e o exercicio de escrita en directo «O seu poema, grazas». Como autor de poesía publicou varios textos como Gallaecia (Xerais, 2001), Da casa nova (Emerxente, 2014) e Ningún paxaro exótico (A vida en Prypiat, 2017). Ademais, é coautor do álbum ilustrado Unha sorpresa para Goruk (Galaxia, 2012) xunto coa ilustradora María Longa, que tivo a honra de ser un dos primeiros contos animados en galego. Penumbra, finalista do II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, é a súa primeira novela.