Ilustrador/a
Laura Cortés
Laura Cortés (Laura Recarey Cortés) naceu en Chantada en 1982. É titulada en Deseño Gráfico pola EASD Pablo Picasso da Coruña (2008) e ilustradora autodidacta, con formación en pintura realista cos artistas Xavier Muíños Ínsua e Jaime Valero Perandones.
Dende 2011 leva a cabo ilustración e gráfica de proxectos educativos con difusión escolar para empresas da administración pública a través de axencias de comunicación (sector cultura, educación medioambiental, fomento do galego...), e libro de texto editorial.
«O raposo aviador que voa sen motor» (Xerais 2019), de Antonio Reigosa, é o seu primeiro libro infantil ilustrado. Mantén a web www.lauracortesilustracion.com