Ilustrador/a
Abi Castillo
Abi Castillo (Vigo, 1987) é graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e cursou estudos superiores na escola de deseño Aula D desta cidade. Compaxina o seu traballo creativo coa faceta de profesora de pintura para nenos e nenas. Entre algúns dos seus traballos está a realización das ilustracións do libro infantil «O corazón tecido de Catarina» (2013) ou as ilustracións para o Mercado Progreso 41 de Vigo (2016). Ademais, participou en diferentes mostras, exposicións e publicacións colectivas e foi seleccionada en diversos premios, como o Premio Novos Valores 2018 do Concello de Pontevedra. En Xerais ilustrou o álbum «Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño» (2019), a novela «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea» (2019) e "Violeta ás agachadas" (2023).