Ilustrador/a
Laura Veleiro
Laura Veleiro Suárez (Xixón, 1970). Escritora e ilustradora. Despois de rematar os estudos de Xeografía e Historia na Universidade Complutense de Madrid inicia a súa andaina no mundo editorial como redactora, labor que compaxina coa docencia.
A ilustración e a escrita son as súas paixóns, polo que publicou proxectos individuais como «Nubeman», «Qué hace ahí la Luna», «O paxariño do limoeiro» ou «Las nuevas aventuras de Nubeman». Tamén colaborou con Beatriz Maceda Abeleira ilustrando «Man, o alemán de Camelle», «O álbum de Garrincha» e, en Xerais, «Lúa en Ningures» (2019) e «As sentinelas do silencio» (2022).