Ilustrador/a
Laura Tova
Laura Tova (Carballo, 1989)
www.lauratova.com
Formada en ilustración na EASD Pablo Picasso, comeza co seu proxecto de deseño de produto no ano 2014, para posteriormente introducirse no mundo do deseño e da ilustración publicitarios. Participa en diversas iniciativas de arte urbana como Derrubando Muros con Pintura, Rúar e rir ou Derrubando Muros para ver o Mar, na Coruña.
Imparte obradoiros onde transmite a súa particular forma de interpretar a linguaxe gráfica a través dos sentidos e do xogo. Destaca o seu proxecto de autoedición "Voantes" onde conflúen a ilustración e a escultura cunha profunda carga filosófica nun estilo minimalista e naïf. Consideráse unha persoa chea de ilusión, soños e historias coas que establece a súa relación co mundo. Confesa que en 2015 viu a súa primeira estrela fugaz e marchou con ela.