Autor/a
Félix Caballero
Félix Caballero Wangüemert (Logroño, La Rioja, 1967) vive en Galicia desde 1991. É doutor pola Universidade de Vigo e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra. Traballou como xornalista en "El Correo Gallego", "Riadevigo.com" e "España Exterior". É autor dos libros "O humor galego alén da retranca" (2012), "O humor en cadriños. Conversas con Siro, Xaquín Marín, Xosé Lois, Gogue e Pepe Carreiro" (2012), "O humor en cadriños II. Conversas con Pinto & Chinto, Santy Gutiérrez, Davila, Leandro, Kiko da Silva e Meixide" (2017) e "Falemos de caricatura" (Xerais 2018).