Autor/a
Jorge Emilio Bóveda
Jorge Emilio Bóveda (Ourense, 1975), é escritor e mestre de inglés no ensino público. Logo de varias autoedicións entrou no mundo editorial galego coa novela "A vila das ánimas" (2010), á que seguiron "A habitación secreta" (2011), "O sol do pasado" (2012), "Asasinato no centro comercial" (2013), "A morte vén en chancletas" (2014), "O monstro de Ille" (2017) e "As sete mortes de Leopoldo Pardo" (Xerais, 2018). Ademais publicou dous ensaios: "A xanela escura" (2011) e "A xanela insólita" (2013). Tamén fai traballos gráficos para varios medios impresos baixo o seudónimo "Vault".
Bóveda recoñécese influído polos chamados xéneros populares, tentando conxugalos coas súas numerosas influencias literarias e cunha ironía abafante que tende ao sarcasmo, dando como resultado unha literatura peculiar na que son recoñecibles a psicoloxía, a morte ou o retrato social de corte esperpéntico.