Autor/a
Paco Barreiro
Francisco Martínez Barreiro é profesional do ámbito da música, do teatro e da dobraxe que estas profesións en diversas facetas: instrumentista, arranxador, compositor, actor e, esporadicamente, docente. Membro da desaparecida Agrupación Guitarrística Galega, acompañou cantautores como Pancho Salmerón, Pilocha, Xosé Manuel Conde, María Manuela, etc. Foi integrante dos grupos de música popular Luada e Anamoura e compuxo música para as compañías de teatro Máscara17, Tranvía teatro, Ollomol-Tranvía, Centro Dramático Galego, Tanxarina e The Pinga. Tamén adaptou as cancións das propostas didácticas infantís Trasnos máxicos (Xerais). Na súa discografía figura o CD Dangarandán, composto por 16 pezas da música tradicional galega arranxadas para guitarra solista. Ademais, é autor de contos, poemas, cancións e, se se terza, regueifeiro.