Ilustrador/a
Lucía Cobo
Lucía Cobo (Lugo, 1982), filla de libreiro e mestra, creceu amando os libros. Aínda que estudou unha enxeñaría, sempre soubo que a súa paixón eran as artes plásticas e o deseño. Despois de traballar varios anos como deseñadora gráfica, titulouse como Técnico Superior en Ilustración na Escola Picasso da Coruña. No ano 2013 cursou o Máster en Álbum Infantil Ilustrado impartido pola Escola I con I de Madrid. Colabora en revistas e webs e publica en varias editoriais. En 2014 obtivo unha mención de honra no V Catálogo Iberoamericano de Ilustración de México. Algúns dos seus libros, publicados en Xerais, son os seguintes: «O soño do Merlo Branco» (2016), «Muriel» (2017), «A furgoneta branca» (2019), «Muriel. Caos no laboratorio lácteo» (2023) e «Sei cantar e sei bailar» (2025).