Autor/a
Emilio Xosé Ínsua López
Emilio Xosé Ínsua López (Viveiro, 1967). Doutor en Filoloxía Galega pola USC e profesor no IES A Basella de Vilanova de Arousa. Fai parte da redacción de "Aulas Libres" (STEG), "Ardentía" (FGCMF) e "Revista Galega de Educación" (Nova Escola Galega). Mantén na rede o blog «A ínsua do Ínsua» e escribe acotío no "Heraldo de Vivero". Editou libros de texto e obra inédita de Prados Ledesma e García Dóriga, así como pezas de Antón Villar Ponte. Participou en Letras de Cal e publicou "Devalar das esperas" (1995) e "Acontece ás veces a ternura" (2005). Obtivo os premios de investigación Irmandiños (1996), Ramón Piñeiro (2004) e Ánxel Fole (2002 e 2009). Escribiu en colaboración con C. Nuevo os volumes "O primeiro Antón Villar Ponte" (2003) e "Maruja Mallo, de prometedora pioneira a artista universal" (2010). É autor tamén de "Sobre «O Mariscal» de Cabanillas e Villar Ponte" (2005); "Antón Villar Ponte e a Academia Galega" (2006); "Orixe, peripecia e pertinencia do topónimo San Cibrao (Cervo)" (2010), e "A nosa Terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931)" (2016). En colaboración con Xurxo Martínez González escribiu "Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte" (Xerais 2018).