Autor/a
Iago López
Iago López Santos (Ourense, 1977) é mestre en Educación infantil e contacontos. No seu tempo libre dedícase ao mundo do teatro como actor e director en grupos como Marañao ou Chéspir Teatro. É autor dos álbums «O cociñeiro Martiño» (Xerais 2016), «O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas» (Xerais 2018) e «Marosa e Mariña camiñan a Compostela» (Xerais 2021), os tres ilustrados por Macus Romero.