Autor/a
Servando Barreiro
Músico de formación clásica e contador de historias. Debido ao seu crecente interese pola música tradicional galega, comeza a facer arranxos de melodías recollidas de diferentes cancioneiros galego-portugueses ou do contacto directo coa xente do rural en traballos de campo. Paralelamente, realiza composicións musicais con letras propias e de poetas clásicos e contemporáneos galegos. Froito deste traballo foi premiado no IV Festival Galego da Canción, que supuxo a gravación do seu primeiro disco compartido cos demais finalistas. Logo chegarían os traballos discográficos "O son da sega" (1996), "A dança do lume"( 1999), "Som voltas"(2004) e, máis recentemente, o libro-cd baseado en contos de Anxo Moure: "Vicentinho e as árvores da paz" (2010). O libro-cd "A música das árbores" (Xerais, 2015), en coautoría con Anxo Moure, é a súa primeira obra en Xerais.