Ilustrador/a
Nuria Díaz
Nuria Díaz (Vilagarcía de Arousa, 1982) é unha das ilustradoras galegas máis recoñecidas. Licenciada en Belas Artes, compaxina o traballo de ilustración editorial co de deseñadora gráfica. No ano 2010 gaña o Premio Pura e Dora Vázquez e publica o seu primeiro libro: «Palabra era un universo paralelo», con texto de Xoán Babarro. En Xerais ten publicados os seguintes títulos: «Rubicundo» (2015), «Manuel María. Vida, versos e rebeldía» (2016), «O valo» (2017, 2023), «Pioneiras. Mulleres que abriron camino» (2018), «Animalario de ler a diario» (2022) e «O corazón dos paxaros» (2023).