Ilustrador/a
David Sierra
David Sierra (A Merca, 1980) estudou na escola superior de Arte e Deseño Antonio Faílde de Ourense. É deseñador gráfico e ilustrador freelance e traballa para diferentes editoriais e marcas a nivel internacional. En Xerais ten publicados os seguintes títulos: Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza (2013), O lapis de Rosalía (2015), Violeta quere ser vampiro. Un conto do Samaín (2017), É tempo de Entroido! (2018) e Non pare a festa (2021), ademais de ser o autor das series de cubertas das coleccións Fóra de Xogo e Xerais Básicos Ciencia.