Autor/a
Manuel Iglesias Turnes
Manuel Iglesias Turnes (Cabanas, A Baña, 1950) desenvolveu a súa actividade profesional xunguida ao mundo das vacas, primeiro desde a Asociación Frisona Galega (Afriaga), cun importante labor na profesionalización deste sector en Galicia, e máis tarde levando a cabo unha actividade comercial relacionada co mundo da mellora xenética da variedade Holstein. Foi o primeiro presidente da Asociación Cultural Afonso Eanes do Val de Barcala e na actualidade está xubilado e cursa o IV ciclo universitario na U.S.C. É viúvo de Isabel Riveiro Vázquez, mestra de educación infantil, e pai de Xurxo e Noela. Como narrador, publicou en Xerais as obras «As rapazas de Xan» (2012), «Que non te aten» (2016) e «Os soños de Miguel» (2022).