Autor/a
Emilio Alonso
Emilio Alonso (Madrid, 1958 - Vigo, 2020). Durante a década dos 80 realizou os programas de radio Montaje Curioso -con Pilar Comesaña e Antón Cancelas- e A Trincheira (Radiocadena Española-Vigo e RNE-Radio 4-Galicia); foi coordinador da revista Tintimán, correspondente en Galicia de Rock de Lux e guionista e co-presentador do concurso musical Racha coas Ondas (TVE-Galicia); elaborou unha páxina semanal de información musical en Diario 16 de Galicia e colaborou con outras publicacións, como Faro de Vigo, Atlántico Diario, La Naval, Valiundiez, Escupe... Froito destes traballos e experiencias é o libro Vigo a 80 revolucións por minuto (Xerais, 2011), unha crónica da movida viguesa daquela década.
Xa nos 90 traballou fundamentalmente para televisión (TVG) como guionista, coordinador e director de programas presentados por Teté Delgado e Paco Lodeiro (Café Café), Pilar García Rego (Esto é noticia, Todos a Bordo), Roberto Vilar e Manolo Romón (Televisión Total), Superpiñeiro (Supermartes), Ana Kiro (Toda unha vida), X.L. Blanco Campaña (A Noite en Blanco), etc.
Ten publicados tamén ¡Po! Diario de un viaje a Palestina (Santiago, Fundación Araguaney, 2003) e Mercurio (Xerais, 2009) coa que gañou o VIII Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.