Autor/a
Lois Pérez Díaz
Lois Pérez (Lugo, 1979) é mestre, contador de historias, poeta, escritor e guionista.
No eido da dramaturxia gañou en 2008 o Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega con "Saltimbanqui" (Xerais, 2008), dirixida e adaptada por Quico Cadaval.
Como poeta publicou "LP" (2013), "Long Play" (Xerais, 2017) e "Lugo Philadelphia" (Xerais, 2023), con fotografías de Alba Díaz. En 2017 gañou o Premio aRi[t]mar ao mellor poema editado en Galicia nese ano por "Blues do rei Bergman=B.B. King".
Coordina a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e, no eido do ensino público, traballou e promoveu diferentes proxectos de innovación na normalización lingüística do galego na escola, premiados todos eles por organismos oficiais e institucións diversas.
Forma parte do comité de redacción da revista "Luzes" e escribe de rock and roll e literatura no suplemento cultural "Táboa Redonda".
Con "A gruta da torre" (Xerais, 2022) gañou o V Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade e con "A tribo do mar" (Xerais, 2023) o XVI Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.