Autor/a
Pilar Ortega
Pilar Ortega Pereiro naceu en Vigo no ano 1975. Estudou Enxeñería Industrial e desde 2001 exerce como docente da materia de Tecnoloxía no Ensino Secundario. Desde pequena compaxina a súa paixón polas ciencias puras coa necesidade de expresar o seu mundo a través da escrita. Varios dos seus relatos foron premiados en concursos literarios e están recollidos dentro de volumes colectivos: «París de Oito a Nove» en II Certame Literario de Relatos Curtos Os Viadutos (Xerais, 2001), «O soño do peneque» (2011) e «Sereo» (2016).
No ano 2008 foi finalista do Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior pola obra Virxinia (Xerais, 2008). No seu haber conta tamén co XII premio de Microrrelato Carlos Casares e obtivo o Premio de Narración Curta Ánxel Fole coa novela «Principio de incerteza» (Xerais, 2018).