Autor/a
Francisco Castro
Francisco Castro (Vigo, 1966) é licenciado en Filosofía. Traballa ademais de no ensino, na xestión cultural e a comunicación. Ten impartido Obradoiros Literarios por toda Galicia, tanto para nenos como para adultos. Autor de varios libros de relatos e novelas, algúns deles traducidos ao castelán. Un Bosque Cheo de Faias recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento outorgado por alumn@s de toda Galicia. Gañou algúns premios coma o Lueiro Rey de Novela Corta en 1997 con Play-Back, o Cartafol ao mellor libro do ano 2004 por Xeración Perdida, o Blanco Amor en 2005 por Spam, e o Manuel García Barros en 2007 por As Palabras da Néboa. O ceo dos afogados (2007) é a súa primeira obra dentro do catálogo de Xerais.