Ilustrador/a
David Rodríguez
David Rodríguez (Vigo, 1975) é deseñador gráfico de profesión e activista político vocacional. Publicou teatro radiofónico: «O Bambán» (Xerais, 2007), «Nunca me esquecerei de ti» (Xerais, 2010); poesía: «Lapidarias, os versos escuros» (Xerais, 2010); literatura infantil: «Superavoa» (Xerais, 2020); ensaios colectivos: «Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural» (2010), «A praza é nosa» (2011), «15-M. O pobo indignado» (2011), «Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado de exceção» (2012), «Entrementres. Ensaios para unha nova cultura política» (2014). Desde 2005 mantén o blog «O funambulista coxo», do que ten publicada unha escolma en papel titulada «Retomando a palabra. Das guerras culturais ao crac financeiro» (2012). En 2018 publica o ensaio «O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega» (Xerais). Colabora con artigos de opinión en numerosos medios, como «Nós Diario», «Praza Pública», «Tempos Novos», «Luzes», «Novas da Galiza», «Mientras Tanto», «Espai Marx», «Sin Permiso», «Viento Sur» ou «Diagonal». No enderezo de correo electrónico «ofunambulista@gmail.com» pódese contactar con el, así como a través da súa conta en Twitter (@ofunambulista), onde desafoga as súas coitas.