Ilustrador/a
Noemí López
Noemí López (Lugo, 1974) viviu case sempre na súa cidade natal, onde se formou como deseñadora gráfica, decantándose pola ilustración e a animación. É unha apaixonada da literatura infantil e xuvenil, e leva participado en diversas exposicións colectivas, así como impartindo obradoiros e cursos de ilustración. En Xerais ilustrou os seguintes libros: «Boas noites» (2007), de Paula Carballeira; as obras de Antonio Reigosa «Guía ilustrada da Galicia Invisible» (2010), «Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal» (2011, Premio Fervenzas Literarias a Mellor Portada de LIX), «Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías» (2015), «As pombas de Bastián» (2021) e «Nin me amoles!» (2023).