Autor/a
Daniel Salgado
Daniel Salgado (Monterroso, 1981) traballa como xornalista. Publicou os libros de poemas «Sucede» (2004), «días no imperio» (2004), «Éxodo» (2006), «Os poemas de como se rompe todo» (2007), «Ascension» (2010), «ruído de fondo» (2012), «Dos tempos sombrizos» (2013) e «O Gran Rexeitamento / Flores para Albert Ayler» (2017). Coa poeta María do Cebreiro deu ao prelo «A Guerra» (2013) e, da man dos artesáns Inés Pallares e Afonso Rodríguez Castro, «ensaios» (2015). En 2018, Miriam Reyes traduciu ao castelán unha escolma da súa obra realizada por Alberto García-Teresa.