Traductor/a
Xosé Manuel García Crego
Nace en Vigo o 9 de xaneiro de 1950. Enxeñeiro Técnico Industrial. Director de Edición en Edicións Xerais de Galicia.Ten publicadas as seguintes traducións: "Mensaxe ó cumio da Terra", de Fidel Castro (A Trabe de Ouro, nº 4, 1992); "Fuxidos", de Juan Noya (Xerais, 1996); "Petite Bohême", de Koldo Izagirre (Sede Central Relatos, CXTG, 1988); "Fidel Castro. A miña vida", de Ignacio Ramonet (Xerais, 2007); "Da vendima á zafra. Crónica dun emigrante galego en Cuba", de Emilio Comas Paret (en colaboración con Gustavo Luca de Tena. Sotelo Blanco Edicións, 2008); "Presenza galega en Cuba", de Xosé Neira Vilas (Xerais, 2010).