Autor/a
Pedro Feijoo
Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é escritor e músico. Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro «Cousas do «Galicia», por Castelao» (1997), ao que seguiu a crónica «Viva o Fu Remol!» (Xerais, 2005). Como narrador publicou as seguintes novelas: «Os fillos do mar» (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2013 e Premio Frei Martín Sarmiento 2014; «A memoria da choiva» (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2015; «Morena, perigosa e románica» (Xerais, 2015); «Os fillos do lume» (Xerais, 2017); «Sen piedade» (Xerais, 2018); «Un lume azul» (Xerais, 2019) e «Ninguén contará a verdade» (Xerais, 2023), Premio Xerais de Novela. Ademais, publicou os libros «Camiñar o Vigo vello» (Xerais, 2018) e «Pequena historia de Vigo» (2022), en coautoría co ilustrador Xosé Tomás.
Autor da foto: Xurxo Lobato