Autor/a
Manuel Bragado
Manuel Bragado (Vigo 1959) é editor, mestre e activista cultural. Licenciado en Pedagoxía, traballou en Edicións Xerais de Galicia, empresa da que foi director (1994-2018). Na actualidade é orientador nos CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela. É presidente da Fundación Luzes, secretario da asociación Premios da Crítica de Galicia, membro de Nova Escola Galega e do Instituto de Estudios Vigueses. Colaborador de «Faro de Vigo» dende hai catro décadas, dende 1999 mantén semanalmente a sección de opinión «Campo de Granada», pola que recibiu os premios de xornalismo Gómez Román (2000) e Fernández del Riego (2014). Desde 2005 publica o blog «Brétemas», polo que recibiu os premios AELG, Fervenzas Literarias e Gala do Libro Galego á traxectoria dun proxecto literario na rede (2019). Director de centos de proxectos de libros educativos e autor de diversos estudos sobre a edición e a lectura, publicou en Xerais os libros «Vigo, puro milagre» (2019) e «Vigo, abella da ribeira» (2023), onde escolma algunhas das súas prosas viguesas.
Foto do autor © Manuel Álvarez